GALICIA> Mañá comeza a vacinación dos traballadores de servizo de axuda no fogar e a partir do día 22 de febreiro recibirán a súa dose os maiores de 80 anos.
A campaña de vacinación da Covid avanza en toda Galicia. Na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés hai máis de 4.300 persoas inmunizadas coas dúas doses.
Da axilidade na campaña da vacinación depende tamén o ritmo da desescalada. O posible alivio das restricións decidirase na na reunión do comité clínico, con vistas a que entren en vigor o mércores 17.