Pontevedra e Poio asumen as novas restricións para frear a pandemia

PONTEVEDRA/POIO> Os concellos de Pontevedra e Poio xa tiñan restricións dende o pasado venres, e onte pasaron a formar parte da listaxe de sesenta municipios nos que se aumentan as limitacións. A incidencia da COVID en ambos casos é elevada: en Poio hoxe rexistran 56 casos; en Pontevedra 376. Ambos alcaldes asumen as restricións para frear a pandemia, pero están preocupados polo forte impacto que terán nas vilas.

En Pontevedra, á preocupación pola evolución da pandemia da COVID19 súmase o descontento coas medidas tomadas ata o de agora.

Para Fernández Lores, as medidas tomadas son insuficientes, tímidas e incomprensibles. Non entende que o peche perimetral permita a partires do venres ás 3 da tarde a mobilidade por practicamente toda a comarca.

Pontevedra comparte área de mobilidade con Poio. Aquí o alcalde asume as limitacións decididas para frear a curva e protexer as persoas. Unha oportunidade, cre, para apostar pola sanidade pública.

Sobral tamén fai un chamamento á poboación e pide responsabilidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí