As praceiras de Vilaxoán agardan un mercado máis accesible e visible coa nova reforma

VILAGARCIA> As praceiras de Vilaxoán celebran o proxecto de reforma da súa praza de abastos. As traballadoras sinalan a necesidade de renovar un mercado que ten numerosas deficiencias. A súa principal petición é a creación dunha porta cara o parque de dona Concha que permita dar máis visibilidade aos seus postos.

Despois de moitos anos de reclamacións, o concello de Vilagarcía renovará a praza de Abastos de Vilaxoán. O goberno local xa encargou a redacción do proxecto. As praceiras sinalan que a reforma é moi necesaria.

Segundo o concello a reforma afectará aos 274 metros cadrados da praza. Unha actuación acorde á petición das praceiras.

Pero a súa principal petición é unha porta ou cristaleira cara o parque de Dona Concha. Deste xeito deixarán de ser invisibles e poderán mostrar o seus produtos.

As praceiras consideran que esta reforma atraerá a máis clientes á praza. Ademais podería animar a outros negocios a instalarse no mercado vilaxoanés.

A empresa adxudicataria ten un prazo de tres meses para a redacción do proxecto. As praceiras agardan que se teñan en conta as súas peticións á hora de realizar a reforma. Dende o concello xa anunciaron que nas vindeiras datas manterán unha reunión coas tres concesionarias para informar dos avances do proxecto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí