O GDR do Salnés Ulla Umia destinará 460 mil euros para apoiar os proxectos a desenvolver no rural

SALNES> En marcha a nova convocatoria de axudas do GDR do Salnés Ulla Umia. O grupo de desenvolvemento rural disporá de 460 mil euros para colaborar cos proxectos que máis o necesiten. O prazo rematará o vindeiro 3 de xuño.

O GDR do Salnés Ulla Umia puxo en marcha unha nova convocatoria de axudas a través programa leader. Nesta ocasión destinaranse 460 mil euros para colaborar con proxectos que teñan como obxectivo o desenvolvemento económico no rural.

Os proxectos divídense en proxectos produtivos e non produtivos. Segundo a súa clasificación recibirán unha maior porcentaxe de axuda.

A información da convocatoria pode consultarse na páxina web www.gdrsalnesullaumia.com. A valoración dos proxectos farase por concorrencia competitiva.

Estas axudas son fundamentais para fomentar os proxectos nos concellos rurais.

O prazo remata o 3 de xuño, pero dende a organización lembran a os interesados a importancia de rexistrase con antelación para garantir os proxectos sexan presentados con toda a información necesaria.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí