O Porto de Vilagarcía acolle por primeira vez as xornadas laborais do sistema portuario estatal

VILAGARCIA> Comezan en Vilagarcía as décimo quintas xornadas técnicas de relacións laborais e recursos humanos do sistema portuario estatal. Un evento enfocado a analizar a situación e o futuro dos diferentes portos do estado. A xornada foi inaugurada polo propio presidente nacional dos portos, Álvaro Rodríguez.

Vilagarcía será durante dous días o centro do debate da actualidade e do futuro dos diferentes portos estatais de España. Autoridade Portuaria de Vilagarcía acolle por primeira vez  a celebración das xornadas técnicas de Relacións laborais e recursos humanos do sistema portuario estatal.

Un evento enfocado a analizar a situación do sector a través de relatorios, mesas redondas, presentacións e sesións formativas en xestión de recursos humanos e relacións laborais.

Esta é a primeira vez na que a Autoridade Portuaria de Vilagarcía acolle un evento no que están presentes máis de 50 persoas en representación de 22 autoridades portuarias e portos do Estado.

As xornadas foron inauguradas por Álvaro Rodríguez, o presidente do organismo público puertos del Estado. Na súa intervención, Rodríguez afondou sobre o impacto da implantación do marco estratéxico do sistema portuario, recentemente aprobado. Destacando a importancia do capital humano dos portos, sen o cal sería imposible acadar as metas marcadas pola autoridade portuaria. Un persoal ao que felicitou pola súa experiencia e especialización imprescindibles para atender as necesidades da comunidade portuaria, o que se redunda nun servicio para toda a sociedade.

Pola súa parte, o presidente do porto de Vilagarcía, Jose Manuel Cores Toruís, resaltou a importancia do porto na evolución histórica de Vilagarcía, e a súa influencia sobre a actividade económica da contorna.

As xornadas desenvolvéronse durante todo o día e pecharanse este venres.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí