Estudandes da Illa, do Igafa e usuarios de Bata retiran o lixo da praia do Carreirón

A ILLA> Un centenar de persoas participan nunha xornada de recollida de lixo na praia do Carreirón, na Illa de Arousa. Entre os participantes atópanse os nenos e nenas dos centros escolares, estudantes do Igafa e usuarios da asociación Bata. O obxectivo, ademais de limpar o areal, é concienciar aos participantes na importancia de coidar o medio ambiente.

A Illa de Arousa volveu organizar unha xornada de recollida de lixo con diferentes centros escolares e colectivos sociais. Nesta ocasión foron preto dun centenar de persoas as que participaron na actividade, entre nenos e nenas dos centros escolares da vila, estudantes do Igafa e usuarios da asociación Bata.

A actividade axuda a concienciar aos participantes na importancia de coidar o medio ambiente.

Ademais tamén axuda a que os diferentes participantes colaboren entre eles e gocen dunha xornada coidando o medio ambiente.

A cantidade recollida este ano foi inferior ás das edicións anteriores. Dende a Illa consideran que isto é positivo porque quere dicir que a xente cada vez tira menos lixo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí