Os hostaleiros volven á rúa para esixir un plan de rescate, a única salvación para o sector

PONTEVEDRA> A menos de 48 horas para que reabra a hostalería en Galicia, miles de traballadores do sector decidiron saír hoxe á rúa. Fixérono de maneira simultánea en toda a comunidade autónoma. En Pontevedra, os hostaleiros volveron a esixir o seu rescate.

Os hostaleiros volven saír á rúa. Pontevedra acolleu esta mañá unha nova manifestación na que centos de traballadores se uniron con dous obxectivos claros. Por unha banda, rexeitar todas as medidas que se están adoptando con respecto a este sector e, por outra, esixir, de novo, un plan de rescate.

A pandemia obrigou xa a centos de hostaleiros a pechar os seus negocios de maneira definitiva e o sector asegura que, senón hai axudas, a cifra de prexudicados aumentará a un ritmo maior.

Moitos dos hostaleiros presentes nesta manifestación, levan practicamente un ano coas reixas dos seus negocios baixadas. Unha situación completamente insostible.

A hostalería reabrirá este venres de maneira gradual, pero os empresarios aseguran que senón hai un plan de rescate xa, moitos deles quedarán polo camiño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí