A Fiscalía abre dilixencias para investigar a seguridade de Ence

PONTEVEDRA> A Fiscalía Provincial de Pontevedra abre dilixencias para investigar a seguridade de Ence. Faino tras as declaracións do presidente da pasteira nas que alertaba dun posible risco ambiental.

As declaracións do presidente de Ence alertando da posibilidade dun susto ambiental na pasteira continúan tendo consecuencias.

A Fiscalía Provincial de Pontevedra abriu onte de oficio unha investigación penal. O órgano xudicial remitiu oficios á Unidade da Garda Civil do Seprona e a varias delegacións da Xunta de Galicia solicitando informes sobre o estado da factoría de Lourizán. O obxectivo, investigar a posible existencia dun delito medioambiental na pasteira.

Pola súa banda, dende a fábrica insisten en que o vídeo de Ignacio de Colmenares foi recollido ilegalmente e que súas declaracións foron completamente descontextualizadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí