Unha campaña á esperanza do tecido empresarial boirense

BOIRO> A Asociación Boirense de Empresarios, a través do seu Centro Comercial Boiro Aberto, vén de poñer en marcha a campaña#sonboiro. Con ela pretenden lanzar unha mensaxe de unidade e esperanza do tecido empresarial local, nun momento como o actual, especialmente complicado para eles.

Un total de trinta negocios entre as que se atopan A Pousada das Ánimas, Natisán Regalos, Mascolor, Libraria Nobel ou Lizvaz Moda forman parte da campaña #sonboiro. Con ela a ABE pretende lanzar unha mensaxe de unidade e esperanza nun momento complicado coma o que estamos a vivir actualmente, no que a actividade empresarial a nivel hostaleiro e comercial, está paralizada. Na mensaxe os comerciantese empresarios pídenlle á veciñanza e posibles clientes que non se esquezan deles, que axiña volverán a poder abrir as portas dos seus negocios. Os dous vídeos realizados poden visualizarse dende hai varios días a través das propias redes sociais da patronal boirense, no seu canal de youtube ou tamén na súa propia páxina web.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí