Rosa, a voz do 8M en Ribadumia

RIBADUMIA> A pesar da pandemia, Ribadumia mantén o 8 de marzo como un día sinalado no seu calendario. Os multitudinarios actos de noutrora mudaron neste 2021 por un máis sinxelo, ao aire libre e cun aforo limitado.

Este ano, a encargada de le-lo manifesto deste Día da Muller foi Rosa, unha veciña da localidade que, trala súa intervención, non disimulaba a súa ledicia.

Preguntándolle pola importancia desta data, Rosa indicábanos que aínda queda moito traballo por facer no camiño cara a plena igualdade.

Rosa foi seleccionada ao azar para a lectura do manifesto. Ela tamén participou nun vídeo impulsado polo Concello para a conmemoración deste 8M. Porque, malia a pandemia -di o alcalde- a loita pola igualdade debe continuar.

Os actos deste 8M completáronse con actividades específicas a prol da igualdadade entre o alumnado do CPI Xulia Becerra Malval e do CRA de Ribadumia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí