A Xunta presenta o anteproxecto de lei para rematar coas verteduras nas rías

VILAGARCIA> A Xunta de Galicia presenta o anteproxecto de lei para mellorar o ciclo integral da auga. As conselleira de Infraestruturas e de Pesca reuníronse hoxe no intecmar de Vilaxoán con representantes do sector para informar destas novas medidas. A lei busca mellorar a calidade das augas e eliminar as verteduras.

A xunta de Galicia, a través das consellerías de Mar e de infraestruturas presentou o anteproxecto de lei para mellorar o ciclo integral das augas. Nas instalacións do Intecmar de Vilagarcía, ambas conselleiras informaron aos representantes do sector do mar da importancia destas novas medidas.

O obxectivo desta nova lei é acabar cos puntos de verteduras das diferentes rías. Segundo indican as conselleiras, en total son 270.

As competencias de saneamento e abastecemento son municipais, pero con esta lei, a Xunta pon a disposición dos concellos un mecanismo para prestar este servizo de forma axeitada.

Á reunión asistiron representantes das confrarías, da Asociación de Depuradores de Moluscos, do Clúster da Acuicultura e da Comisión do Mexillón. Os presentes mostraron a súa satisfacción con esta nova lei.

A adopción deste sistema por parte dos concellos será voluntaria e non levará aparellada a creación de novas taxas aos usuarios. Dende a xunta matizan que esta lei da continuidade ás medidas tomadas nos últimos anos para seguir mellorando a calidade das augas das rías galegas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí