A cuarta BTT Ruta do viño Rías Baixas disputarase en Meis

MEIS> Enoturismo e deporte combínanse na BTT Ruta do Viño Rías Baixas. Na súa cuarta edición a competición chega por primeira vez ao Salnés. Os 250 competidores partirán do concello de Meis e percorrerán diferentes adegas e zonas de interese do municipio. Terá lugar o 20 de outubro a partir das nove e media.

A ruta BTT Rías Baixas chegará á comarca do Salnés o vindeiro 20 de outubro. A competición que percorre cada ano unha subzona da denominación de orixe celebrará a súa cuarta edición no concello de Meis. A proba compaxina enoturismo e deporte.

Os participantes da proba partirán do concello de Meis e percorrerán diferentes adegas e zonas de interese como o Mosteiro da Amenteira ou o Monte de Castrove. A ruta de 40 quilómetros tamén ten tramos no concello de Cambados.

A participación máxima e de 250 competidores. A inscrición xa está aberta e pode facer a través da web bttrutavinoriasbaixas.com.

Nas tres edicións anteriores cubriuse toda a inscrición. O cambiar cada ano de ruta favorece a que aumente a demanda e os participantes gocen de carreiras e rutas novidosas.

A proba comezará o domingo 20 de outubro ás nove e media dende a praza de España do concello de Meis.