A praia da Carabuxeira recuperará 10 mil metros cúbicos de area antes do verán

SANXENXO> O concello de Sanxenxo comeza as obras de rexeneración do areal da Carabuxeira. Nesta primeira fase, a praia recuperará 10 mil metros cúbicos de area. A previsión é que estea rematada antes do verán.

O leito rochoso que ocupa o espazo da antiga praia da Carabuxeira volverá estar soterrado. O concello de Sanxenxo comezou a primeira fase para a rexeneración do areal. A intervención devolverá á praia 10 metros cúbicos de area.

Nesta primeira fase instalaranse unhas estruturas que permitirán recuperar a area da praia e evitar que as correntes volvan a desprazala.

A segunda fase completarase co aporte doutros 15 mil metros cúbicos de area e cos soportes definitivos.

Con estes traballos dáse resposta a unha demanda con máis de 20 anos de historia dos veciños da Carabuxeira. A previsión é que a primeira fase estea rematada antes do verán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí