Preocupación en Ribeira polo déficit de axentes da Policía Nacional

RIBIERA> O alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, comparte a preocupación do Sindicato Unificado de Policía debido ó actual déficit de axentes existente no municipio. O rexedor teme que a situación se vexa agravada unha vez entre en funcionamento a nova comisaría do Touro.

O alcalde entende que os tres axentes que se incorporarán en próximas datas á plantilla da comisaría da Policía Nacional son insuficientes. Comparte así unha queixa do propio Sindicato Unificado de Policía que sinala o déficit de axentes na localidade, unha circunstancia que impide poder realizar como debera as súas funcións.

O rexedor teme que a situación se vexa agravada unha vez entre en funcionamento a nova comisaría do Touro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí