A resaca de San Xosé deixa un incremento das restricións en Sanxenxo

SANXENXO> A Xunta endurece as restricións en Sanxenxo. O municipio situarase a partir deste venres en nivel alto, polo incremento dos casos rexistrados nos últimos días trala ponte de San Xosé. A mobilidade co resto de concellos non se vai ver afectada, pero si a hostalaría: só poderá servir en terraza, co aforo á metade. Ademais tamén hai cambios en Pontecesures que, por fin, pasa ao nivel medio baixo de restricións.

Logo da ponte de San Xosé e ás portas da Semana Santa, a Xunta eleva ao nivel alto o Concello de Sanxenxo polo aumento dos casos. O cambio de nivel non terá consecuencias na mobilidade con practicamente toda Galicia. Si para a hostalaría, que só poderá servir en terraza cun aforo do 50%. O Conselleiro indica que as novas limitación no municipio buscan anticiparse a que os datos empeoren.

En tan só unha semana, incluíndo a ponte de San Xosé, Sanxenxo sufriu un incremento de casos, cunha incidencia acumulada disparada.

Na outra cara da moeda, atópase Pontecesures. O concello pasa de nivel alto a baixo, recuperando a mobilidade. A hostalaría poderá abri-lo interior ao 30% da súa capacidade e ás terrazas ao 50.

O resto do mapa da nosa contorna mantense como está agora, coas restricións fixadas no nivel medio baixo.

As novas medidas entrarán en vigor ás doce da noite deste vindeiro venres. Dende ese momento, tódolos concellos galegos terán mobilidade entre si, agás os que se sitúan en nivel máximo, que sufrirán peche perimetral. Así as cousas, e tendo en conta que esta pode se-la situación que se podería aplicar tamén en Semana Santa, o Conselleiro pide evitar desprazamentos innecesarios.

Porque aínda que a día de hoxe, os datos no conxunto de Galicia son ‘obxectivamente razoables’, está freándose o descenso dos casos.

O comité clínico que asesora á Xunta advirte de que calquera paso en falso, máis aínda preto da Semana Santa, pode acabar provocando un cambio de tendencia, abocando a Galicia a unha cuarta vaga.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí