A Ponte do Burgo estará rematada o 31 de xullo

PONTEVEDRA> Un dos obxectivos principais do Concello de Pontevedra neste mandato era poñer en marcha a obra pública co obxectivo de inxectar liquidez na economía local.

Neste eido, o goberno municipal deu a coñecer hoxe todos os proxectos que están actualmente en execución. En total, 40 millóns de euros destinados tanto ao ámbito urbano como ao rural.

Entre todas as obras que están en execución, o concelleiro nacionalista quixo facer fincapé en dúas. Por unha banda, a de Loureiro Crespo. O tramo comprendido entre as rúas Ernesto Caballero e Antón Fraguas pasará a ser soamente de entrada á cidade a partir deste xoves.

Por outra banda e, en relación á Ponte do Burgo, Demetrio Gómez asegurou que estes traballos estarán rematados o vindeiro 31 de xullo.