O BNG de Boiro presenta varias emendas aos orzamentos municipais para este ano

BOIRO> Os nacionalistas presentaron varias emendas para que sexan incluídas no documento orzamentario do Concello para este ano, pendente de aprobación. Recollen propostas para diversas áreas como é o caso de servizos sociais, emprego, medio ambiente ou participación veciñal.

Un dos aspectos que máis preocupan os nacionalistas garda relación precisamente coa área social. Así piden que se contemple nos orzamentos unha partida para a elaboración dun proxecto para unha residencia da terceira idade e se inicien os trámites de rehabilitación das vivendas baleiras dos mestres para destinalas a vivendas sociais.

Tamén inciden na importancia de crear uns orzamentos participativos.

Outras das súas emendas van referidas o acondicionamento e dotación, tanto persoal como material, para os centros sociais do municipio, a apertura de Radio Boiro ou a municipalización do complexo deportivo da Cachada. Tamén piden a mellora da cobertura telefónica e da rede wifi en todo o municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí