O vento marcará a XVI Bandeira de Bateis Porto de Vilagarcía que se celebra este domingo en Vilaxoán

VILAGARCÍA>  As augas de Vilaxoán acollerán este domingo a XVI Bandeira de Bateis Porto de Vilagarcía. Unhas 500 persoas dun cento de bateis daranse cita nesta proba, que constará de 12 categorías, desde alevín a absoluto masculino e feminino. O vento marcará a xornada.

A bandeira de Bateis Porto de Vilagarcía acada a súa décimo sexta edición. A proba celebrarase na mañá deste vindeiro domingo en augas de Vilaxoán. Participarán un cento de bateis. En total, unhas 500 persoas dende a gategoría alevín ata absoluto masculino e feminino.

A competición, organizada polo Club de Remo de Vilaxoán, discorrerá paralela ao porto vilaxoanés. Contará con catro rúas de 500 metros. A proba, incluída no calendario de bateis como a novena da tempada, conta coa colaboración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía.

A proba, que conta tamén co apoio do concello de Vilagarcía, non se vai desenvolver nas mellores condicións meteorolóxicas, sobre todo, pola previsión de vento que se agarda. Algo que, dende logo, non impedirá que sexa un éxito.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí