Política Social incrementará este ano un 10% o Bono Concilia

NOIA> A conselleira, Fabiola García, facía este anuncio durante a visita realizada este mediodía ás escolas infantís Golfiños e Xoaniñas.

Acompañada do alcalde, Santiago Freire, e da edil, Laura Salgado, a conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou as dúas escolas infantís da localidade. A primeira das paradas tiña lugar na gardería Golfiños. Alí agradeceu o compromiso de tódolos traballadores deste tipo de centros cumprindo escrupulosamente os protocolos establecidos pola Xunta durante a pandemia.

A titular de Política Social aproveitou tamén a visita a Noia para anunciar unha nova convocatoria do Bono Concilia. Esta axuda directa, dirixida a familias que non obtiveron praza nun centro público, experimentará este ano un incremento do 10% en tódolos seus tramos. O bono poderá solicitarse a partir deste venres.

O rexedor local agradeceu á Xunta esta nova axuda, que permitirá que as familias noiesas poidan beneficiarse delas.

Durante o presente curso 2020/2021 máis de 1400 familias beneficiáronse deste bono. Dende o 2009 foron preto de 23 mil os nenos que levan disfrutado desta axuda para o pago dunha praza nunha escola infantil.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí