POBRA> A Garda Civil detivo a dúas veciñas da localidade por un presunto delito contra a saúde pública por tráfico de drogas. Foi no marco da denominada ‘Operación Ricacodi’.
A Garda Civil detivo a dúas veciñas da Pobra como presuntas autoras dun delito contra a saúde pública, por tráfico de drogas.
A detención foi froito dunha investigación iniciada xa no mes de agosto, no marco da denominada Operación Ricacodi, cando o Instituto Armado tivo coñecemento de que estas dúas persoas se relacionaban a diario con toxicómanos, tanto na vía pública coma no seu domicilio particular.
Durante este tempo os axentes puideron constatar como as agora prendidas dedicábanse a subministrar pequenas doses de droga a consumidores habituais da comarca, circunstancia pola que mesmo chegou a ser detida en primeira instancia unha das investigadas, á que lle interviñeron catorce doses preparadas para a súa venda ademais duns cincocentos euros en efectivo.
Un rexistro posterior no seu domicilio, tras a correspondente autorización xudicial, permitiu localizar outras 43 doses de cocaína, seis de heroína, 18 pastillas de metadona, e máis de 700 euros en billetes e moedas.
Tamén lle interviñeron un vehículo e diversos útiles empregados para a manipulación e a preparación das doses.
As dúas prendidas xa pasaron a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Número 2 de Ribeira, que é quen instrúe a causa.