PONTEVEDRA> A memoria histórica de Pontevedra faise un oco no Tik Tok. A rede social é o novo vehículo do que bota man o concello para difundir entre a mocidade a importancia histórica das pontevedresas e a defensa da democracia no marco do programa Memoria das Mulleres. As encargadas de dar forma ás mensaxes serán tres tiktokers galegas. O primeiro vídeo xa está na rede e Virxinia Pereira é a súa protagonista.
Ela é Laura Franco e é unha das tres tiktokers que se encargarán de trasladar a memoria histórica pontevedresa á mocidade. O concello bota man da popular rede social para difundir a importancia histórica das mulleres e a defensa da democracia.
Leti da Taberna e María Rúa son as outras dúas tiktokers que formarán parte da campaña, enmarcada no programa ‘Memoria das Mulleres’.
Elas serán as encargadas de facer oito vídeos que se irán publicando en Tik Tok ao longo deste ano. Levarán os cancelos #AMemoriaDasMulleres, #DoGrisAoVioleta e #ConcelloDePontevedra. Como xa viron, a protagonista da primeira peza á Virxinia Pereira, que recentemente substituíu a Xoan Carlos I no rueiro pontevedrés.
O propio Xaquín Moreda comentou que a idea xurdiu ao ver o uso que as súas fillas adolescentes fan de Tik Tok.