VILAGARCÍA> Apoio masivo a unha xornalista de Vilagarcía polos ataques machistas sufridos nas redes sociais. A profesional estaba comentando un partido de terceira división cando recibiu insultos a través de twiiter polo simple feito de ser muller. A xornalista asegura que denunciou por todas as compañeiras que como ela viven situacións como esta.
A loita contra o machismo aínda ten un longo percorrido. Nos temos nos que nos atopamos, as mulleres continúan tendo que soportar insultos e menosprecios polo simple feito de ser mulleres. Nesta situación viuse afectada Erea Hierro, unha xornalista de Vilagarcía que recibiu insultos machistas a través das redes sociais mentres comentaba un partido de terceira división.
Erea optou por denuncialo farta de que as súas compañeiras e as mulleres en xeral sexan menospreciadas e insultadas por facer o seu traballo.
Unha vez feito público, Erea recibiu un apio masivo dende diferentes sectores como asociacións de mulleres, xornalistas, medios de comunicación ou das propias administracións.
A denuncia non é só polas que sofren este tipo de insultos machista, se non tamén para evitar que os padezan as que veñan despois.
E lonxe de permitir que este lamentable suceso a free, Erea afronta o futuro con moitas máis gañas e ilusión.
Comments are closed.