O PP de Ribeira pide a recuperación da nave de Cerqueira para uso veciñal

RIBEIRA> O PP de Ribeira demanda a recuperación da antiga nave de Conservas Cerqueira para uso municipal. Levarán a pleno unha moción instando ó goberno local a demandar a Costas a reversión da concesión dos terreos, emprazados en Bandourrío.

Os populares piden ó goberno local que retome as xestións iniciadas polo anterior executivo para reverter a concesión da antiga nave de Cerqueira, emprazadas en zona de dominio marítimo terrestre no barrio de Bandourrío.

A proposta dos populares contempla a compra do inmoble para poñer a disposición da  asociación social e cultural de Bandourrío para dinamizar o barrio con diversas actividades.

O PP apela ó consenso, tanto coa oposición como coa propia veciñanza, para definir os futuros usos da nave unha vez pase a titularidade municipal.