Ribeira celebrará en xuño o debate sobre o estado da cidade

RIBEIRA> O debate sobre o estado da cidade de Ribeira terá lugar a principios de xuño. Así o anunciou o alcalde trala petición de varios grupos da oposición. A intención do goberno é aprobar previamente os orzamentos. Mentres tanto, o concello traballa xa na proposta de orzamentos que dependerá dos fondos europeos e as consignacións por parte do estado, aínda por determinar polo que consideran máis prudente agardar a ter definidos os futuros investimentos de cara ó seu debate. Dende o executivo insisten na súa total disposición para abordar o debate sobre o estado da cidade, tal e como xa manifestaran antes de ter recibido a solicitude da oposición.