POBRA> Finalmente si haberá rebaixa no nivel de restricións da Pobra do Caramiñal. Esta mañá a Dirección Xeral de Saúde Pública analizou novamente os datos e decidiu suavizar as medidas impostas a este municipio, levantando o seu peche perimetral, pasándoo ó nivel alto. A medida será efectiva a partir do luns.
Aínda que non o pareza, o malestar do executivo, e fundamentalmente a protesta de onte da veciñanza na rúa, parecen estar detrás deste cambio de postura. A Dirección Xeral de Saúde Publica acordou descender ó municipio ó nivel alto de restricións.
A favorable evolución deste concello nos últimos días, que xa cumpría cos criterios fixados polo comité clínico para baixar de nivel, foi determinante á hora de tomar esta decisión.
A medida será efectiva dende o vindeiro luns, polo que se levantará o seu peche perimetral. A partir dese día estarán permitidas as reunións entre non convivintes e hostalería poderá abrir as terrazas ó 50% da súa cabida.