Amicos participa no primeiro Campo de Voluntariado organizado pola Xunta en Sálvora

RIBEIRA> As conselleiras en funcións de Política Social e Medio Ambiente visitaron esta mañá na Illa de Sálvora o primeiro campo de voluntariado organizado dentro da Campaña de Verán da Xunta. Tanto Fabiola García coma Ánxeles Vázquez destacaron a importancia deste tipo de accións de cara a promover entre os mozos o coidado do noso patrimonio natural.

As conselleiras en funcións de Política Social e de Medio Ambiente achegátonse esta mañá ata o illote de Sálvora para visitar o campo de voluntariado que está a desenvolver a asociación Amicos, organizado  ó abeiro da Campaña de Verán da Xunta. A principal novidade da iniciativa é que é a primeira vez que a Xunta desenvolve un campo de voluntariado cunha entidade de atención a persoas con discapacidade. Fabiola García e Ángeles Vázquez destacaron precisamente a importancia desta actividade, na que ademais dun importante compoñente social e inclusivo, se contribúe a protexer un espazo natural.

O campo de voluntariado lévase a cabo coas medidas que recolle o protocolo de actuación para previr a covid-19, que os voluntarios deben cumprir escrupulosamente. Durante esta campaña estival a Xunta ofertará un total de 6.872 prazas en campamentos, campos de voluntariado e outras actividades. Na comarca, a maiores desta, desenvolverase tamén un campamento en Porto do Son de temática náutica e de aventura, outro en Boiro centrado no teatro e a multiaventura e un campo de voluntariado en Ribeira na que os participantes coñecerán e axudarán a preservar o complexo de dunas de Corrubedo.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí