Os hostaleiros camiñarán ata Santiago para pedir o rescate do sector á Xunta

PONTEVEDRA> Nova peregrinación dos hostaleiros de Pontevedra, Poio e Marín. O Equipo Rescate Hostalería volverá mañá ás estradas para trasladar as súas demandas a Xunta de Galicia. Nesta ocasión, todos eles camiñarán ata Santiago de Compostela, onde haberá unha concentración o venres pola mañá.

O Equipo Rescate Hostalería volve a saír a rúa. 11 hostaleiros de Pontevedra, Poio e Marín arrancarán mañá unha camiñada ata Santiago de Compostela co obxectivo de trasladar as súas demandas á Xunta de Galicia.

Na concentración do venres en Santiago participarán tamén asociacións de hostaleiros de diferentes puntos de toda Galicia. Todos eles unirán a súa voz para seguir reclamando axudas para o sector.

Os hostaleiros entenden a necesidade de pechar os seus negocios mentres a situación non mellore pero aseguran que o rescate é a única solución para poder sobrevivir.

O sector da hostalería está ao límite. Moitos levan case un ano sen abrir as portas dos seus establecementos e continúan sen ver a luz ao final do túnel.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí