PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra lanzou hoxe unha campaña para fomentar o turismo de proximidade. Baixo o cancelo #VuelvoaPontevedra, o goberno municipal quere potenciar a imaxe da Boa Vila entre os visitantes.
A campaña está dirixida especialmente ao Norte de España e a Portugal. Nela inclúese a difusión deste vídeo promocional o sorteo de dous bonos de dúas noites e almorzo en diferentes aloxamentos da cidade. Todas as persoas que queiran participar poderán facelo ata o vindeiro 15 de xullo. O método é moi sinxelo. Soamente tedes que entrar na páxina de Facebook de Visit Pontevedra e cubrir un cuestionario. Un paso máis para reactivar o turismo desta cidade tras a crise do coronavirus.