O panorama da música en galego terá o seu mellor escaparate no XI Galegote Rock

PONTEVEDRA> A música en galego terá a primeira fin de semana de maio unha cita ineludible en Pontevedra. Volve o Galegote Rock, que celebrará os seus once anos de vida traendo ata a cidade algunhas das mellores propostas do panorama galego. Será os días 5 e 6 de maio con actuacións en diferentes locais e espazos pontevedreses.

Aos seus once anos de vida ninguén dubida de que o Galegote Rock é unha cita que a música en galego non se pode perder. O festival volve este 2023 os días 5 e 6 de maio.

O cartel mestura nomes relevantes con futuras promesas do panorama musical e cunha ampla diversidade de xéneros. Iso si, todas as propostas utilizan a lingua galega como base.

Aínda que o venres as actuacións de Moucho e The Rapants e The Garlic Dust servirán para abrir boca, o sábado a xornada terá unha programación intensa en diferentes espazos da cidade. Incluso instalarse un escenario máis infantil e xuvenil nos Xardíns de Marescot.

Por estes espazos pasarán grupos como Catuxa Salom, Mamá Cabra, Lucía Aldao, o proxecto de Xeración Sónica ou Fillas de Cassandra, entre outras.

Unha demostración da potencia da música en galego.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí