A Xunta anuncia novas obras no colexio de Baño-Xanza e no instituto de Valga

VALGA> En Valga, a Xunta anuncia novas obras no colexio de Baño-Xanza e tamén no instituto plurilingüe. Terán un investimento de 300.000 euros. Entre as actuacións, prevese cubri-la pista polideportiva do instituto. Trátase dunhas obras complementarias que se engaden á rehabilitación integral do edificio acometida o ano pasado e que supuxo un investimento de más de 850.000 euros.

O CEIP Baño-Xanza, no concello de Valga, vén de someterse a unha profunda posta a punto. Cambiáronse cubertas e fiestras, entre outros. En total, a actuación rolda os 850.000 euros.

Tamén houbo melloras no instituto da localidade. Alí investíronse  250.000 euros para amplia-lo patio cuberto, unha mellor fundamental -di Román Rodíguez- nun contexto como o actual no que son imprescindibles os espazos amplos que garantan as distancias de seguridade.

Ademais, a Xunta anunciou hoxe que ten previstas novas obras tanto no colexio como no instituto. Actuacións que terán un importe duns 300.000 euros. Entre as melloras, vaise cubri-la pista polideportiva do instituto e, neste colexio, crearase  un espazo para circulación e acceso cuberto.

Está previsto que as obras dean comezo o vindeiro mes de xuño co obxectivo de que en xullo xa estean rematadas. Dende a Xunta indican que se han levar a cabo seguindo os criterios establecidos no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí