Cambados comeza unha campaña de concienciación nos insitutos para poñer en valor o patrimonio local

CAMBADOS> Cambados comeza unha campaña polos seus institutos para concienciar aos máis mozos da importancia de coidar os elementos patrimoniais. O goberno local toma esta medida tralas pintadas que se deron nalgúns monumentos emblemáticos da vila. Con esta iniciativa tamén agardan que os rapaces e rapazas coñezan máis a historia de Cambados.

As recentes pintadas que se deron en elementos patrimoniais de Cambados puxo en alerta ao goberno local. Para evitar que estes actos volvan acontecer, o concello puxo en marcha unha campaña de concienciación nos institutos para que os máis mozos coñezan e respecten os monumentos da vila.

A campaña durará durante todo o curso escolar e tamén permitirá que os mozos e mozas coñezan máis sobre a historia de Cambados.

Os mozos e mozas tamén quixeron mostrar a súa opinión respecto as pintadas. Entenden os grafitis como un modo de expresión e de arte pero non en edificios históricos.

Tamén mostran a súa satisfacción pola posta en marcha desta campaña que lles permitirá afondar máis na historia da súa vila.

Aproveitando esta campaña, o concello presenta dous proxectos municipais para restaurar o patrimonio. Un será a restauración do lavadoiro da Rúa Nova e a outra será a restauración da fonte da praza de Alfredo Brañas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí