A veciñanza de Vilaxoán denuncia a falta total de servizos tralo peche da sucursal de Abanca

VILAXOÁN> A veciñanza de Vilaxoán reclama ás administracións un plan de futuro para a vila. Máis de 150 veciños mobilizáronse o sábado polo peche da oficina de Abanca. Denuncia que a vila xa non conta con ningún servizo.

A oficina de Abanca en Vilaxoán xa non ten nin carteis que a identifiquen. A entidade pechou a sucursal e tan só mantén na vila o caixeiro automático. Os veciños terán que trasladarse agora a Vilagarcía para realizar as súas xestións.

Unha perda de servizos que levou a máis de 150 veciños manifestarse o sábado na Praza de Galicia. Dende Esperta Vilaxoán fan unha valoración positiva do apoio recibido.

A obrigatoriedade de trasladarse a Vilagarcía deixa practicamente desamparados ás persoas maiores ou con problemas de mobilidade.

Ademais da oficina de Abanca, o centro médico tamén permanece pechado dende o inicio da pandemia. Os veciños temen agora que perder tamén a oficina de correos. O que suporía a perda total de servizos en Vilaxoán.

Dende Vilaxoán Esperta piden ás administracións que pasen das palabras aos feitos e que os apoien con garantías. Os veciños continuarán mobilizándose para recuperar os seus servizos. A vindeira semana entregarán máis de 600 firmas contrarias ao peche de Abanca e continuarán reuníndose xunto coas asociacións de Faxilde e Sobradelo para demostrar que Vilaxoán aínda existe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí