As rebaixas non conseguen animar as vendas por mor do mal tempo

VILAGARCÍA> O bo tempo apenas chegou, pero as rebaixas de verán xa están en marcha. O pequeno comercio local enfróntase a esta temporada de descontos con preocupación: a xente este ano non se anima a mirar e as vendas parece que se resisten. Nos demos hoxe unha volta polas rúas de Vilagarcía, a ver como que ambiente se respira nas tendas.

Aquilo de ‘ó mal tempo, boa cara’ parece que se lle resiste ós pequenos comercios. O verán non dá chegado e as vendas, inevitablemente, resístense. E iso que na meirande parte das tendas xa podemos ve-lo cartel de ‘rebaixas’ nos seus escaparates. Hoxe demos unha volta polos establecementos do centro de Vilagarcía. Cun ollo no ceo, os vendedores recoñecen que as expectativas de vendas non son moi boas.

Unhas rebaixas que, segundo nos din, xa non son o que eran. Aquelas longas ringleiras de xente nas caixas ou o ir e vir nos probadores semellan escenas do pasado. Os comerciantes achácano ó cambio normativo que –segundo din- beneficia ás grandes superficies. Din que non poden competir con eles e ironizan con que se apliquen descontos á roupa de verán practicamente antes do arranque da campaña.

Os comerciantes lembran con nostalxia as rebaixas de antes, aquelas que comezaban cando remataba a temporada. Polo de agora o único que lles queda é que chegue o bo tempo para, polo menos, salva-la campaña.