As mariscadoras de Carril atopan a ameixa con moi pouco tamaño no seu regreso ao traballo

VILAGARCÍA> As mariscadoras de Carril volven traballar tras un ano con cese de actividade. As ameixas que atopan na praia de Compostela non dan a talla e o que máis abunda é o berberecho. Advirten que mantendo as cotas actuais e os prezos da ameixa poderían aguantar ata despois do nadal.

As mariscadoras de Carril viviron un auténtico calvario a finais do ano 2020 e principios deste 2021. Numerosos problemas ambientais, como riadas ou invasións de algas, provocaron a morte de gran parte da ameixa, o que levou ás mariscadoras a solicitar un cese de actividade. Tras máis dun ano paradas, as traballadoras volveron ao traballo esta semana.

A talla é o maior problema que atopan no seu regreso, especialmente coa ameixa fina que non cumpre coas medidas.

Debido ao pequeno tamaño da ameixa, as mariscadoras necesitan xornadas máis largas para cumprir coas cotas.

A pesar das cotas baixas, os prezos da lonxa permiten que as mariscadoras gañen un salario digno.

A previsión das mariscadoras é aguantar a campaña ata despois do nadal, para iso é necesario que se manteñan as cotas e os prezos actuais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí