VALGA> Preto de 35 mil persoas visitaron este nadal o Belén de Valga. Ata a vila achegáronse persoas de toda Galicia pero tamén doutras comunidades autónomas. Os visitantes destacan o traballo de elaboración das pezas. Entre as figuras, a escena máis aclamada foi a do enterro da raíña Isabel II.
O Belén de Valga pechou o nadal outro ano máis con cifras récord. Preto 35 mil persoas se achegaron a gozar dunha representación única do nacemento de Xesús. Os visitantes quedan abraiados ao ver como o Belén mestura temáticas tradicionais con outras de actualidade.
Os visitantes non escatiman en eloxios cara aos creadores e creadoras deste Belén por todo o seu traballo e a creatividade.
E entre todas as pezas, a maioría soe quedarse coas novidades. Este ano a escenografía máis aclamada foi a do enterro da raíña Isabel II.
O Belén de Valga pecha as súas portas pero non de todo. Os interesados aínda poden visitalo pero unicamente os venres e os sábados en horario de 7 a 8 e media da tarde.