RIBEIRA> Ferido un vixilante do aparcadoiro do Centenario de Ribeira tras recibir unha paliza mentres se atopaba de garda durante a noite do venres.
O traballador chamou a atención a un mozo que se atopaba ouriñando nas escaleiras das instalacións.
Sen mediar palabra, comezou a golpealo ocasionándolle numerosos golpes e patadas.
Tivo que ser trasladado en ambulancia ó hospital do Barbanza para ser atendido das múltiples lesións que presentaba, entre elas conmoción cerebral e fractura de xeonllo.
Tras tomar declaración á vítima e visionar as cámaras de seguridade a Policía Nacional xa procedeu á identificación do autor dos feitos, un veciño de Ribeira de 23 anos que, polo momento, aínda non foi localizado para proceder á súa detención.











