PONTEVEDRA> Pontevedra reivindica o seu papel no mundo da gastronomía. Faino, ademais, coa creación dunha marca paraugas: “Pontevedra Capital Gastro”. Trátase dunha ambiciosa iniciativa que busca promover a calidade dos produtos locais e dos negocios do municipio, e baixo a que se organizarán distintos eventos. Neste camiño, o concello ten como aliadas as asociacións do sector e a Banda Cociñas de Pontevedra, que agrupa a once coñecidos cociñeiros da cidade.
Pontevedra reivindica o seu poder gastronómico. Hoxe veu a luz a marca “Pontevedra Capital Gastro”, unha iniciativa que busca promover os produtos e os negocios locais.
Baixo o seu paraugas celebraranse diferentes actividades ata o ano 2022. Entre eles, tres novos eventos gastronómicos: a Festa das Cunchas 2021, na que do 17 ao 27 de xuño o marisco será o protagonista, o Avoa Fest, coa gastronomía máis tradicional que se celebrará entre o 22 de xullo e o 1 de agosto e os encontros ‘Mestizaxes, cociñas de ida e volta’, entre o 20 e o 24 de setembro.
Tamén verán a luz o Foro Hospitality Eixo Atlántico e a aceleradora Capital GastroLab. Ademais, as acción de Pontevedra Capital Gastro abordaranse na Mesa da Gastronomía, na que participarán expertos locais e diferentes asociacións da hostalería e do turismo
Neste proxecto, o concello contará coa complicidade da Banda Cociñas de Pontevedra, formada por once cociñeiros da cidade.
Durante o acto, os cociñeiros sorprendero a Yoya Blanco entregándolle unha chaquetiña que a acredita como patroa da nova banda.