![]()
VILAGARCÍA> Verónica Miguéns proclamouse en León campiona de España de trial na categoría Féminas B. A xoven piloto vilagarcián precisaba ser canda menos quinta. Superou a tódalas súas rivais e acadou a victoria parcial e tamén na xeral.
{flowplayer}images/salnes/sqem_201009.flv{/flowplayer}
A vilagarcián Verónica Miguéns proclamouse esta pasada fin de semana campiona de España de trial, en categoría Féminas B, a primeira galega que o consigue.
Foi despois de vencer na terceira proba puntuable disputada en León. A piloto do Motoclub Sqem impuxérase xa na proba disputada en Vilagarcía e fora segunda na de Barcelona. O domingo pasado tivo que superar ó resto das súas rivais nun circuito moi técnico e que constaba de sete zonas marcadas de terra e pedra.
Na primeira volta era terceira, trala segunda xa ascendera un posto e na última sacou o mellor dela mesma para completar o mellor dos rexistros de entre tódalas participantes e levarse o triunfo.
Non foi unha victoria sinxela nin polas rivais, nin polo circuito, nin tampouco polas circunstancias que rodearon a participación de Verónica, que arrastraba unha dolorosa lesión no nocello.
É a sexta vez que recae desta doenza pero iso non evita que mire ó futruro con ilusión e optimismo. Rematou esta temporada e agora centrarase no campionati de España do vindeiro ano e intentará volver a participar nalgunha proba do Mundial e do Europeo, como xa fixo esta temporada.
Con todo, a gran incógnita está en saber se seguirá competindo en Féminas B ou pasarase á categoría raíña.
O protagonismo durante as vindeiras semanas pasará a ser para o seu irmán Carlos que competirá nas probas de Córdoba e Barcelona que pechan o nacional para categoría junior.
Redacción Salnés







