RIBEIRA> Os veciños das Abesadas en Ribeira seguen a denunciar a situación de conflitividade que vive o barrio a causa das constantes liortas provocadas polos inquilinos do edificio okupa da rúa Xosé Ramón Fernández Barreiro.
A pasada tarde rexistrábase unha pelexa entre dous individuos que acababan de saír do bloque de pisos. Un dos implicados portaba un sillín de bicicleta que usou para golpear á súa vítima, á que ademais propinou varias puñadas e patadas tras tiralo ó chan.
As agresións e pelexas son habituais na zona, non só por parte dos okupas senón tamén por numerosas persoas que frecuentan o edificio posto que se trata dun punto de venda de drogas.











