Recepción oficial ó Noia CF polo título de liga e ascenso a Terceira División

NOIA> Onte pola noite tiña lugar a recepción oficial no Concello á directiva, xogadores e corpo técnico do Noia Club de Fútbol. O Club vén de proclamarse Campión de Liga na rexional Preferente, no Grupo Norte, o que lle permite regresar a vindeira  tempada a Terceira División.

O salón de plenos do Concello noiés quedouse pequeno para acoller a homenaxe que o goberno municipal  lle tributou ó Noia Club de Fútbol. Xogadores, corpo técnico e varios membros da xunta directiva participaron a última hora da tarde de onte nesta recepción.

O acto estivo presidido polo alcalde, Santiago Freire, e a edil de Deportes, Laura Salgado, aínda que contou tamén coa participación doutros membros da corporación municipal. Os dous destacaron o traballo realizado polo Club ó longo de toda a tempada, a pesar das dificultades existentes derivadas da pandemia, o que lles fixo proclamarse Campións de Liga na Rexional Preferente, no Grupo Norte, o que lle permite regresar a vindeira  tempada a Terceira División.

Por parte do Club, interviñeron o capitán do equipo, Manuel Canabal, e o presidente, José Luís Botana. Os dous agradeceron a homenaxe recibida e destacaron o mérito desta tempada, que permitiu devolver ó Club ó lugar que se merece.

Unha vez realizada a recepción oficial, e despois de asinar no Libro de Honra do Concello, como é habitual, todos se trasladaron ata as escaleiras de entrada á casa consistorial, para inmortalizar este importante logro cunha foto de familia.

Un campionato de liga e un ascenso non se conseguen tódolos días…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí