‘Médicos saturados e positivos polas rúas’, os sanitarios denuncian a situación de Sanxenxo

SANXENXO> O persoal do PAC de Sanxenxo denuncia que están ao límite. Os sanitarios afirman que están sufrir xornadas de máis de 12 horas e atendendo diariamente a máis de 80 pacientes. Tamén denuncian que atopan na rúa a xente á que positivaron por Covid.

Colas para entrar e xente saíndo constantemente. Así se atopa o PAC de Baltar en Sanxenxo. Dende a plataforma en defensa da sanidade pública da vila denuncian que o centro médico está saturado en todo momento. Os sanitarios da instalación que forman parte da plataforma denuncian que están esgotados física e psicoloxicamente. Atópanse nunha situación límite con xornada de 14 horas diarias nas que atenden a máis de 80 pacientes, rozando nalgunha ocasión os 100.

O PAC de Baltar, ao igual que o resto de centro sanitarios, leva 14 meses loitando contra a covid 19. E a situación lonxe de mellorar atópanse nun dos seus peores momentos. Sanxenxo rexistra a cifra de casos máis alta do Salnés  con 249 positvos. Mentres,  o centro médico conta cada vez con menos persoal sanitario, segundo sinalan, na actualidade hai 4 prazas médicas sen cubrir, 2 de enfermería e contan co 2 auxiliares de enfermaría que atenden 16 consultas, as urxencias e a asistencia nas salas de extradición, unha cantidade de traballo que dende a plataforma cualifican de barbaridade. Tamén conta só cun enfermeiro de reforzo, cando o centro debería contar con dous médicos e catro enfermeiro. O persoal é insuficiente para atender as necesidades dos usuarios, máis nun momento no que a poboación de Sanxenxo multiplícase por oito.

A saturación non é a única protesta que fan os médicos, os sanitarios denuncian tamén unha situación aínda máis preocupante, aseguran que atopan pola rúa a xente á que positivaron por Covid. Causa que consideran ademais de perigosa, unha falta de respecto cara a enfermidade o seu traballo. Advirten á xente que non cumpre que non xogan só coa súa vida, se non coa de todas as persoas as que poden contaxiar.

Os médicos tamén se senten abandonados pola clase política, especialmente pola Xunta e o Concello. Consideran que hai medidas que se están tomando que non axudan a frear os contaxios. Normas como a retirada da máscara ou a fin do toque de queda. Tampouco entende os criterios do comité clínico, que ten a unhas vilas cunhas restricións diferentes a Sanxenxo, cando o municipio sanxenxino é o que se atopa en pero situación. Matizan que non é cuestión de pechar a hostalería se non de impoñer normas que eviten as aglomeracións, o ocio en interiores e manter unha supervisión das autoridades no cumprimento das normas. Piden tanto aos políticos coma a poboación que se poñan na pel dos médicos e dos enfermos.

Nas vindeiras datas realizarase un cribado na vila entre a poboación de 16 a 29 anos. Os médicos piden que se fagan PCR, xa que os test de antíxenos poden dar como negativo a alguén contaxiado que aínda non tivera síntomas.

A plataforma apenas pode reunirse debido a saturación de traballo coa que se atopan os sanitarios. Tamén descartan mobilizacións pola perigosidade que iso suporía. Agardarán a que a situación mellore para esixir responsabilidades e pedir mellores condicións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí