Ribadumia celebrará o seu primeiro Rallymix cunha participación que superará os 60 pilotos

RIBADUMIA> Ribadumia celebrará o seu primeiro Rally Mixto. A organización prevé que a participación superará os 60 pilotos. A proba é puntuable para a liga galega e disputarase os días 24 e 25 de xullo.

O concello de Ribadumia celebrará o seu primeiro Rallymix. A proba de motor será a primeira que teña lugar na vila ao marxe das probas do rally do albariño que percorreron o concello ribadumiense. A competición disputarase os días 24 e 25 de xullo.

A diferencia dun rally normal, o rallymix divide a proba en zonas de asfalto e zonas de terra. O de Ribadumia terá un 70 por cento en carreteira e o resto en area. A lonxitude será de 8 quilómetros 950 metros e o circuíto está preparado para corredores con experiencia.

O rally está organizado polas escudarías Desguaces Tino Racing e Charli Romeo coa colaboración do concello de Ribadumia. Os organizadores agardan a presencia de máis de 60 pilotos. A paixón destes equipos polos rallys é o que lles levou a organizar este evento.

A proba automobilística será puntuable para o campionato galego. Ademais os primeiros clasificados de cada categoría recibirán un premio en metálico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí