PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra continúa coa súa aposta por fomentar a volta á actividade deportiva. Dende o seu programa ‘A vida é movernos’, a concellería de deportes mantén a programación de propostas dirixidas a todo tipo de públicos que están a ter unha gran acollida. Un dos exemplos é a marcha nórdica, protagonista de varias xornadas do programa.
Tan completa como descoñecida polo gran público. A marcha nórdica é unha desas actividades ás que poderemos achegarnos grazas ao programa ‘A vida é movernos’ do concello de Pontevedra.
A Facultade de Ciencias da Actividade Física e o Deporte de Pontevedra acolleu unha nova xornada dedicada a esta actividade. Da man do coordinador Ricardo Angueira tiveron o primeiro contacto cos aspectos máis técnicos.
Unha disciplina moi completa e, como explica Angueira, apta para todos os públicos. Incluso é recomendable para aliviar os síntomas de patoloxías como o párkinson.
Nas xornadas participaron un grupo de mulleres da Asociación Española Contra o Cancro. E é que as propostas enmarcadas no programa ‘A vida é movernos’ están a ter unha gran acollida entre a veciñanza pontevedresa.
Fernández animou a todos a inscribirse de balde nas tres sesións de marcha nórdica que quedan programadas para este mes de xullo: o luns 26 e os venres 23 e 30.