![]()
PORTONOVO > Finalmente a directiva portonovesa optou por non darlle continuidade a "Piscis" no banquiño e sí por adquiri-los servicios de Belarmino Alonso ”Milucho".
Primeira fichaxe do Portonovo de cara ó ano que ven. Finalmente a directiva optou por non darlle continuidade a Piscis no banquiño e sí por adquiri-los servicios de Belarmino Alonso ”Milucho”.
O técnico vigués, que levaba dous anos apartado do mundo do fútbol por problemas persoais, non dubidou en acepta-la oferta da directiva portonovesa. Milucho ten sobrada experiencia en Terceira División, onde adestrou tres campañas ó Arousa e fixo campión o Porriño.
Tamén dirixiou ó Pontevedra en 2ªB. O novo técnico porase axiña a traballar de cara a prepara-la vindeira temporada e manterá un primeiro achegamento cos xogadores do plantel esta mesma semana.
Firmará por unha temporada e será presentado o mércores.
Redacción Salnés






