Muros sobe ao nivel máximo de restricións e aplicará novas limitacións á hostalería

GALICIA> Muros entrará este sábado no nivel máximo de restricións. Así o decidiu onte o comité clínico na súa reunión semanal. Ata o alto soben tamén Meis e Ribadumia. Segundo explicou esta mañá o conselleiro de Sanidade, a situación epidemiolóxica empeora, polo que terán que manterse as restricións actuais que afectan, sobre todo, á hostalería e ás reunións entre non conviventes.

Muros entra este sábado no nivel máximo de restricións. O que supón novas medidas para a hostalería: terraza ao 50% e interior ao 30%, requirindo ademais para entrar proba diagnóstica negativa nas últimas 72 horas, certificado de ter superado a covid19 ou xustificante de vacinación completa. Neste nivel continúan tamén Boiro, Cambados, Meaño, O Grove e Sanxenxo.

A Pobra mellorou a súa situación, polo que descende ao nivel alto, no que tamén entran Meis e Ribadumia. Súmanse así a Ribeira, A Illa, Poio, Pontevedra, Vilagarcía e Vilanova. Aquí a hostalería ten tamén que pedir aos seus clientes os mesmos requisitos para entrar ao interior do local que no nivel máximo, pero poden traballar ao 50% dentro e fóra do local.

O conselleiro apuntou que o 80% dos casos de contaxios se producen entre persoas sen vacinar, o 15% entre as que teñen unha so adose e o 5% entre poboación que xa conta coa pauta completa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí