As Tardes do Atlántico despídense ata o verán que vén colgando o cartel de ‘completo’

CAMBADOS>  Martín Códax despídese das súas Tardes do Atlántico. A iniciativa acaba de celebra-la súa última sesión, colgando o cartel de completo como no resto de citas deste verán. A proposta fusiona o talento das novas xeracións da cociña galega co viño albariño, coas vistas á ría de Arousa como escenario excepcional.

Martín Códax afianza a súa aposta polo enoturismo cunha exitosa edición das Tardes do Atlántico. A iniciativa busca uni-las novas xeracións da cociña galega ao viño, nunha proposta  gastronómica apegada ao territorio e que ten ao albariño como protagonista. A edición deste ano acaba de rematar, caracterizada pola volta á normalidade, como no resto de actividades enoturisticas e de lecer que organizaron na cooperativa ao longo deste verán.

No marco das Tardes do Altántico, pola teraza da adega desfilaron ao longo das últimas semanas ata dez cociñeiros de diferentes zonas de Galicia. Cociña de vangarda, con produtos tradicionais e de proximidade. Propostas innovadoras que reinventan a nosa gastronomía, botando man tamén das cociñas do mundo.

Moncho Bargo e Javi Freijeiro, responsables dun restaurante na Coruña, foron os encargados de poñe-lo broche de ouro á edición de 2022 das Tardes do Atlántico. Coa súa proposta os dous cociñeiros quixeron uni-lo norte e o sur de Galicia, quedando co mellor das Rías Altas e Baixas. Unha proposta atrevida que, como non, casa á perfección cos viños desta adega.

E o público, unha vez máis, respondeu á chamada das Tardes do Atlántico. As dez xornadas que se organizaron este verán foron todo un éxito, colgando todas o cartel de ‘completo’.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí