CAMBADOS> Cambados presenta un curso de formación para a dinamización do comercio retallista enforcado a mulleres emprendedoras. A ensinanza está aberta a 10 empresarias da vila e ten como obxectivo o desenvolvemento de habilidades para axudar a aumentar as súas vendas. O curso dividirase en tres temas: Clientela, escaparatismo e habilidades en redes sociais e venda online.
A concellería de igualdade de Cambados busca rachar coa fenda dixital, que afecta en maior parte ás mulleres, e lanza o curso de dinamización do comercio retallista. Unha formación destinada a mulleres emprendedoras da vila para axudalas a aumentar as súas vendas.
O curso está aberto a 10 emprendedoras da vila. Na formación adquirirán diferentes habilidades como aprender a asesora á clientela.
Outra das temáticas é a de aprender a mellorar os seus escaparates.
E a última das ensinanzas ten que ver coa venda online.
O curso segue tres premisas: asesorar, seducir e visibilizar. Para os comerciantes é unha oportunidade para poder adquirir novos coñecementos ante o avance das novas tecnoloxías.
O curso terá lugar en xuño. Nas vindeiras datas o concello abrirá o prazo de inscrición.