Ribeira prepara un cálido recibimento á atleta Ana Peleteiro

RIBEIRA> O acto terá lugar mañá sábado, ás nove e media da noite, na praza de España.

Ribeira recibirá mañá sábado, cun acto multitudinario na praza de España á súa atleta máis recoñecida: Ana Peleteiro, que vén de acadar a medalla de bronce en triple salto nos Xogos Olímpicos de Tokio, converténdose así na primeira medalla olímpica na historia do municipio, sendo ademais a segunda deportista ribeirense que participa nuns Xogos tras María Vilas en Río 2016.

O acto terá lugar finalmente na praza de España e non na praza do Concello como estaba previsto, un lugar máis apropiado para evitar aglomeracións, que estará ademais reservado e acoutado e ocupado con cadeiras en cumprimento do protocolo anticovid.

A atleta xa fora distinguida anteriormente coa medalla de ouro de Ribeira no ano 2012 e, por decisión da Corporación, será nomeada tamén filla predilecta do municipio.