O PP de Poio lánzase a pola maioría abosluta nas eleccións municipais co slogan Vamos Poio

POIO> O Partido Popular de Poio lanza o seu lema de campaña Vamos Poio. A formación busca o apoio da veciñanza que queira mudar a maneira de gobernar na vila. Consideran que unicamente a súa maioría absoluta pode afastar ao goberno dos tres alcaldes do goberno de Poio.

O Partido Popular de Poio lánzase á batalla electoral do vindeiro ano cun novo lema Vamos Poio. O slogan quere chegar a todas aquelas persoas que queren mudar o goberno municipal da vila.

O candidato popular sinala que só a súa maioría absoluta pode quitar a alcaldía ao BNG e ao Psoe.

Segundo Ángel Moldes, co seu programa quere dar un xiro á situación do concello de Poio.

A frase Vamos Poio, consta de 9 letras, precisamente os 9 concelleiros que necesita o partido popular para conseguir a maioría absoluta. Será a veciñanza de Poio a que decida quen quere gobernalos dentro de 6 meses, nas eleccións do 28 de maio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí