Ruíz: ‘A falla de presuposto abocaría a Ribeira á parálise’

RIBEIRA> Foi o propio alcalde, Manuel Ruíz, o encargado de desglosar punto por punto tódolos capítulos do documento orzamentario que ascende no seu total a 36’4 millóns de euros, o que supón un incremento de case o 50% con respecto ó anterior. Pero no fondo, non estaban os números. O rexedor afeou ós grupos da oposición a súa negativa a participar na súa elaboración, salvo o Partido Socialista. Aproveitou de novo a ocasión para tender a man, e chegar a un acordo unánime.

Segundo el a falla de orzamentos abocaría a Ribeira á parálise

Nos presupostos destacan por riba de todo a partida destinada a investimentos que suma no seu total uns 15 millóns de euros. Así, entre as partidas máis importantes, figuran as destinadas á adquisición dos terreos para o novo polígono industrial, a construción da nova biblioteca ou o Centro de Deportes Náuticos, así como a cobertura de novas contratacións ou o aumento do gasto social.

En canto á débeda, o alcalde sinalou que o nivel endebedamento sitúase nun 54%, moi por debaixo do 110% que permite a lei, o que evidencia a boa saúde da que goza o Concello.

A intención do executivo pasa por levalo a pleno o luns 20 deste mes de setembro para a súa aprobación inicial.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí